Centro de Interpretación do ámbito fluvial do Mandeo de Chelo

 

O “Centro de Interpretación do ámbito fluvial”, situado en Chelo, encóntrase nun punto estratéxico do río Mandeo, xusto ao final do encaixado que o caracteriza no seu tramo medio.

O lugar de Chelo, encravado en pleno Lugar de Interese Comunitario (LIC) Betanzos-Mandeo, contén o exemplo máis fiel do ecosistema fluvial típico destas latitudes. A densa vexetación atlántico, estendéndose dende as beiras do Mandeo, ás pronunciadas ladeiras que o flanquean neste tramo, conforman un ámbito que destaca pola súa beleza paisaxística e polos seus valores naturais.

Non sen motivo Chelo foi declarado Paraxe Pintoresca en 1971, e na actualidade encóntrase dentro da delimitación do LIC e da Zona de Especial Protección polos seus Valores Naturais (ZEPVN) Betanzos-Mandeo. Ademais, nas súas proximidades encóntrase o muíño de Chelo, un dos máis destacados de todo o Golfo Ártabro; a Aula de Natureza, así como a Presa de Chelo, que é base do Couto de Pesca do Mandeo, recoñecido en todo o noroeste peninsular pola súa riqueza piscícola e pola lonxitude do seu tramo salmoneiro.

O Centro está orientado a un público infantil e xuvenil que terá á súa disposición múltiples recursos cos que aprender a valorar e comprender a riqueza do ámbito do río Mandeo. Mediante o xogo e a experimentación o Centro busca concienciar os mozos da importancia de ser respectuosos co medio e aprender a valorar o río Mandeo.

 

Esta entrada también está disponible en: English, Spanish

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>